Novos estudos no Pazo de Fefiñáns revelan a orixe do papel oriental

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/07/13/historiadora-arte-localiza-origen-planchas/1715647.html

Cambados é un dos pobos de Galicia que mellor conserva o seu pasado fidalgo, xa que foi quen de conservar numerosos pazos que nos recordan eses tempos nobres. Pero hai un deles que destaca por enriba de todos, ata o punto de converterse no máis coñecido e imaxe coa que inmediatamente se relaciona Cambados: o Pazo de Fefiñáns.

Un pazo que conserva no seu interior, o cal pode visitarse, o encanto dos séculos pasados, co mobiliario de época que acolleu a tantos veciños ilustres. Vizcondes, marqueses, ministros… e tamén embaixadores. Un deles, Benito Pardo de Figueroa, reformador do exército e embaixador en Berlín e San Petesburgo, foi o responsable de encargar, mercar e traer a Fefiñáns unha das pezas máis representativas que se atopan no interior do pazo: o papel pintado.

Grazas á labor de investigación que estou a levar a cabo sobre os bens mobles que se atopan no interior do pazo, acabamos de coñecer nova información sobre a orixe deste papel pintado panorámico que leva máis de douscentos anos sobre as paredes do pazo. Inspiradas en oriente, pódense contemplar dúas composicións diferentes dun papel pintado realizado a principios do século XIX por dúas empresas francesas, unha das cales segue en funcionamento, e as pranchas coas que foi realizado o papel no 1807 declaradas como Monumento Nacional Francés: trátase de L’Hindoustan, unha composición inspirada na India, e Les Rives du Bosphore, realizada no 1810 evocando a cidade de Istambul.

Esta última, xa no ano 1984 co ciclón Hortensia estivo a piques de desaparecer cando se romperon as fiestras da sala e o vento derrubou a parede sobre a que se atopaba. Unha incalculable perda que puido ser evitada grazas ao interese da familia por recuperalo e promover a súa restauración, a cal se levou a cabo durante máis dunha década. Hoxe en día, a outra parte do papel comeza a mostrar danos, motivo polo cal está sendo estudiado o seu estado de conservación para entender como afecta sobre el a humidade da atmosfera, as vibracións e o ruído da praza, de cara a propoñer unha futura restauración. O descubrimento da orixe deste papel pintado e a conservación das pranchas orixinais coas que foi realizado axudará nesta tarefa.

Declarado Ben de Interés Cultural no 2012, xunto co Pazo de Fefiñáns, este papel pintado panorámico segue a evocar a todo aquel visitante que entra na sala o encanto dun pasado decimonónico que buscaba acougo naquelas exóticas culturas orientais. Pero agora, xa coñecendo o nome dos fabricantes e a data de realización grazas a estes traballos de investigación. De seguro que moitos máis descubrimentos agardan a ser desvelados no interior do Pazo de Fefiñáns.

BEA LAYA

Licenciada en Historia do Arte

Responsable da catalogación do Inventario artístico do Pazo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s