ROTEIRO POÉTICO no Bosque do Pazo de Fefiñáns, con Xosé Mª Vila Ribadomar e o seu poemario “Mar de la”

Este xoves 26 de setembro, ás 19:00 h terá lugar no Pazo de Fefiñáns un roteiro poético polo bosque do pazo, guiado por Xosé Mª Vila Ribadomar, poeta cambadés que ven de publicar o seu quinto poemario “Mar de la”.

Con motivo do acontecemento, o autor fará unha lectura comentada daqueles poemas relacionados cos lugares polos que discorre o roteiro. Comezará na Terraza baixo o Magnolio para logo dirixirse ata o Bosque de Fefiñáns polo seu camiño de buxos. Á volta, cruzarase a ponte do Arco de Fefiñáns para baixar polo túnel ata a lareira da antiga cociña do pazo, onde finalizará.

O evento é de acceso gratuito, tendo como punto de partida a Terraza baixo o Magnolio (entrada ao lado do Arco de Fefiñáns) ás 19:00 horas. En caso de choiva, o roteiro realizarase nas estancias a cuberto.