O 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio, celebrouse en Cambados un acto conmemorativo organizado polo Concello de Cambados, no que o Pazo de Fefiñáns participou cunha visita guiada aos asistentes á xornada. O acto rematou cunha mesa redonda sobre o patrimonio cambadés coa participación dos expertos na materia: Javier Montero (Técnico Municipal de Patrimonio), Gumersindo Mosteiro (Historiador da Arte e restaurador), Maribel Iglesias (Historiadora da Arte e profesora), María Núñez (Deseñadora e Arquitecta) e José Rey Aguiño (Restaurador de Esteo Técnica).
Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo da visita realizado por Martina Miser e as noticias recollidas en prensa.