Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre “a fala de Fefiñáns”

INVITACIÓN PACO FERNANDEZ REI

A Asociación Amigos de Fefiñáns organiza este venres 27 de decembro ás 19:30 unha conferencia de Francisco Fernández Rei, veciño de Fefiñáns, membro da Real Academia Galega e Catedrático de Filoloxía.

Durante a conferencia analizará as particularidades da “Fala de Fefiñáns”, e no mesmo acto farase a presentación do nº 2 da revista O Umia, editada pola mesma asociación.

O acto terá lugar no Pazo de Fefiñáns, entrando pola sala da lareira do pazo (acceso dende a praza de Fefiñáns).