O freixo do bosque de Fefiñáns máis preto de ser árbore senlleira

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 26 de decembro o anuncio polo que se inicia o procedemento para a incorporación do freixo do bosque de Fefiñáns dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

60e7ef5b-0354-429d-9687-d5d0bc6f13cc

Este exemplar de freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) está situado preto da muralla do bosque do pazo, e conta cunhas dimensións de 21.1 metros de altura total e 3.5 metros de perímetro normal.

Trátase da árbore máis antiga do bosque e estímase que ten uns 150 anos. A solicitude de inclusión no rexistro de árbores senlleiras débese á súa singularidade e características excepcionais.

Os medios de comunicación recollen a noticia nos seguintes enlaces:

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/xunta-tramita-maxima-proteccion-arbol-mas-antiguo-bosque-pazo-fefinans/20191226210227253973.html

https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2019/12/27/fresno-fefinans-aspira-catalogado-arbore/2223000.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2019/12/26/span-langglproponen-incluir-freixo-cambados-catalogo-arbores-senlleirasspan/00031577365025240393768.htm