18 de Abril | Día Internacional dos Monumentos e Sitios

O 18 de abril celébrase o día Internacional dos Monumentos e Sitios. O Pazo de Fefiñáns, declarado Ben de Interese Cultural no 2012, é un dos monumentos civís máis importantes de Galicia. Comezouse a construir a finais do século XVI pola familia Sarmiento e Valadares, señores da vila de Fefiñáns, para ser terminado cara finais do século XVII. Na súa construción aprézase a influencia de dous estilos arquitectónicos presentes naquel momento: o renacemento e o barroco. Xa en declive, o estilo renacentista quedou reflexado na decoración da fachada con frontóns e medallóns decorados con diversos bustos, os cales representaban dende membros da familia ata reis e personaxes históricos. Os escudos, gárgolas de canóns e disposición arquitectónica do pazo en L arredor dunha gran praza, nun inicio patio no que levar a cabo o mercado, responden á influencia barroca que tanta importancia tivo en Galicia. A gran torre almenada marcaba a xurisprudencia da que gozaban sobre o terreo os señores do pazo, influenciada polas torres dos castelos medievais, aínda que sen intención defensiva. Do outro lado atopamos a ponte ou Arco de Fefiñáns, que comunicaba ámbalas hortas do pazo, separadas polo camiño real, ao pé do que se atopa unha torre mirador, hoxe coñecida popularmente como Torre do Homenaxe.


El 18 de Abril se celebra el Día Internacional de los Monumentos y Sitios. El Pazo de Fefiñáns, declarado Bien de Interés Cultural en el 2012, es una de los monumentos civiles más importantes de Galicia. Se empezó a construir a finales del siglo XVI por la familia Sarmiento y Valladares, señores de la villa de Fefiñáns, para ser terminado hacia finales del siglo XVII. En su construcción se aprecia la influencia de dos estilos arquitectónicos presentes en aquel momento: el renacimiento y el barroco. Ya en declive, el estilo renacentista quedó reflejado en la decoración de la fachada con frontones y medallones decorados con diversos bustos, los cuales representaban desde miembros de la familia hasta reyes y personajes históricos. Los escudos, gárgolas de cañones y la disposición arquitectónica del pazo en L alrededor de una gran plaza, en un principio patio en el que llevar a cabo el mercado, responden a la influencia barroca que tanta importancia tuvo en Galicia. La gran torre almenada marcaba la jurisprudencia de la que gozaban sobre el terreno los señores del pazo, influenciada por las torres de los castillos medievales, aunque sin su intención defensiva. Del otro lado nos encontramos el puente o Arco de Fefiñáns, que comunicaba ambas huertas del pazo, separadas por el camino real, al pié del que se encuentra una torre mirador, hoy conocida popularmente como Torre del Homenaje.

Fefiñáns. Día Internacional monumentos