Fefiñáns, Sargadelos e Asorey

No Pazo de Fefiñáns tamén se conservan numerosas pezas da Real Fábrica de Louza de Sargadelos realizadas a mediados do século XIX, coma este xarrón de seis dedos ou bocas decoradas con motivos vexetais pintados a man por pincelistas especializados neste tipo de traballos. Esta ornamentación componse de guirnaldas con flores cor carmín e azuis unidas por tallos en negro e follas verdes.

Este mesmo tipo de xarrón de Sargadelos foi empregado por Francisco Asorey, escultor nado en Cambados, para a ofrenda floral que representa nunha das súas esculturas máis célebras: “Filliña” (1948), a cal podedes ver no Museo de Belas Artes de A Coruña. E é que Sargadelos era e segue sendo un dos símbolos de Galicia.

Para máis información sobre “Filliña”: http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=496

_______________________________________________________________________________

En el Pazo de Fefiñáns también se conservan numerosas piezas de la Real Fábrica de Loza de Sargadelos, realizadas a mediados del siglo XIX, como este jarrón de seis dedos o bocas decoradas con motivos vegetales pintados a mano por pincelistas especializados en este tipo de trabajos. Esta ornamentación se compone de guirnaldas con flores color carmín y azules unidas por tallos en negro y hojas verdes.

Este mismo tipo de jarrón de Sargadelos fue empleado por Francisco Asorey, escultor nacido en Cambados, para la ofrenda floral que representa en una de sus esculturas más célebres: Filliña (1948), que podéis ver en el Museo de Bellas Artes de A Coruña. Y es que Sargadelos era y sigue siendo uno de los símbolos de Galicia.

Para más información sobre “Filliña”:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=496

Xarrón SargadelosFilliña. Asorey. 1948.

Miguel Gil Casares, o médico da tuberculose

Hoxe queremos render unha homenaxe ao personal sanitario que está a traballar nunha situación tan difícil coma a destes días. E facémolo recordando a un dos donos máis ilustres que tivo o Pazo de Fefiñáns: Miguel Gil Casares (1871 – 1931), quen exerceu como médico no Hospital Real de Santiago e foi Catedrático de Enfermidades da Infancia e de Patoloxía e Clínica Médica. Durante a súa vida destacou tamén como inventor de aparatos médicos, tradutor, incansable viaxeiro, político, e por ser un dos fundadores das Irmandades da Fala. Pero hoxe queremos centrarnos na súa labor como investigador médico especializado en tuberculose con aportacións fundamentais como a inxección intravenosa de fluoruro sódico e o neumotórax artificial, o primeiro método curativo da tuberculose.

_______________________________________________________________________________________

Hoy queremos rendir un homenaje al personal sanitario que está trabajando en una situación tan difícil como la de estos días. Y lo hacemos recordando a uno de los dueños más ilustres que tuvo el Pazo de Fefiñáns: Miguel Gil Casares (1871-1931), quien ejerció como médico en el Hospital Real de Santiago y fue Catedrático de Enfermedades de la Infancia y de Patología y Clínica Médica. Durante su vida destacó también como inventor de aparatos médicos, traductor, incansable viajero, político, y por ser uno de los fundadores de las Irmandades da Fala. Pero hoy queremos centrarnos en su labor como investigador médico especializado en tuberculosis con aportaciones fundamentales como la inyección intravenosa de fluoruro sódico y el neumotórax artificial, el primer método curativo de la tuberculosis.

gil_casares_miguel_

 

San Bieito do inverno (21 de marzo)

Hoxe celebramos o día de San Bieito de Inverno dende a casa, e para recordalo compartimos esta pintura de cara o 1916 e atribuída a Joaquín Sánchez Peña, na que se pode ver a Praza de Fefiñáns chea de xente durante a procesión. Como curiosidade, a igrexa ao fondo coa escalinata orixinal, os xigantes e cabezudos, e incluso os Danzantes de Cobas aparecen representados. Tamén se poden ver as árbores da praza, o tiovivo e ata a rosquilleira.

Desta pintura dise que se trata dun retrato colectivo no que todos os representados eran perfectamente identificables, e a moitos deles aínda lle poñemos nome. Por iso imos a facer un pequeno xogo! Sabedes onde están Ramón Cabanillas, recén chegado de Cuba, Valle Inclán, que pon entón vivía moi cerca do pazo, Miguel Gil Casares e Joaquina Armada Losada, donos do pazo naqueles tempos, Joaquín Sánchez Peña, xunto coa súa nai e o seu can, e a Infanta Isabel “A Chata” que chegaba dos baños de Mondariz?

Atopáchedelos?


Hoy celebramos el día de San Benito de Invierno desde casa, y para recordarlo compartimos esta pintura de hacia 1916 atribuída a Joaquín Sánchez Peña, en la que se puede ver la Plaza de Fefiñáns llena de gente durante la procesión. Como curiosidad, la iglesia al fondo con la escalinata original, los gigantes y cabezudos, e incluso los Danzantes de Cobas aparecen representados. También se puede ver los árboles de la plaza, el tiovivo y también a la rosquillera.

De esta pintura se dice que se trata de un retrato colectivo en el que todos los representados eran perfectamente identificables, y a muchos de ellos aún le ponemos nombre. Por eso, vamos a hacer un pequeño juego! ¿Sabéis donde están Ramón Cabanillas, recién llegado de Cuba, Valle Inclán, que por entonces vivía muy cerca del pazo, Miguel Gil Casares y Joaquina Armada Losada, dueños del pazo en aquellos tiempos, Joaquín Sánchez Peña, junto a su madre y su perro, y la Infanta Isabel “La Chata” que llegaba de sus baños de Mondariz?

¿Los habéis encontrado?

Procesión de San Benito na Praza de Fefiñáns

Primavera en Fefiñáns

En plena alerta sanitaria, nuns días tan difíciles para todos, quedarse en casa é a mellor solución para que todo isto pase pronto. E a natureza anímanos amosando como a vida non se detén e segue a abrirse paso a través da primavera que comeza a encher de cor os xardíns do Pazo de Fefiñáns.

Para facer esta situación o máis levadeira posible, iremos subindo fotos e contándovos historias sobre o pazo e os seus segredos, convidándovos a que fagades esta visita virtual connosco dende as vosas casas.

Moita forza e saúde para todos!


En plena alerta sanitaria, en unos días tan difíciles para todos, quedarse en casa es la mejor solución para que todo esto acabe pronto. Y la naturaleza nos anima enseñándonos como la vida no se detiene y sigue abriéndose paso a través de la primavera que empieza a llenar de color los jardines del Pazo de Fefiñáns.

Para hacer esta situación lo más llevadera posible, iremos subiendo fotos y contándoos historias sobre el pazo y sus secretos, invitándoos a que hagáis esta visita virtual con nosotras desde vuestras casas.

Muchas fuerza y salud para todos!

 

 

Camelias do Pazo de Fefiñáns

Camelias Fefiñáns web

As camelias están a encher de cor o xardín do pazo. Se queres coñecer a historia do Pazo de Fefiñáns, ver os seus salóns, xardíns, viñedos e bosque, podes facelo nas nosas visitas guiadas (12:30 e 17:00).

Para máis información chama ao 986524877.


Las camelias están llenando de color el jardín del pazo. Si quieres conocer la historia del Pazo de Fefiñáns, ver sus salones, jardines, viñedos y bosque, puedes hacerlo en nuestras visitas guiadas (12.30 y 17:00).

Para más información llama al 986524877.

 

Nota de cata Gil Armada 2018

Compartimos aquí la nota de cata realizada por Ángel Rodríguez, al que agradecemos su interés y constancia en ofrecernos sus exquisitas notas de cata de nuestro albariño Gil Armada desde el año 2007.

“Amarillo pajizo acerado con reflejos verdosos. En nariz aparecen aromas de melón maduro, ciruelas amarillas, melocotón, miel, lima, flor de azahar, algo de camomila, granito y ligeras notas yodadas. En boca es suave y seco de entrada, con un paso acidulce, envolvente y elegante. Final de buena duración en el que reaparecen las notas de la nariz.”

 

 

 

O freixo do bosque de Fefiñáns máis preto de ser árbore senlleira

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado día 26 de decembro o anuncio polo que se inicia o procedemento para a incorporación do freixo do bosque de Fefiñáns dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

60e7ef5b-0354-429d-9687-d5d0bc6f13cc

Este exemplar de freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) está situado preto da muralla do bosque do pazo, e conta cunhas dimensións de 21.1 metros de altura total e 3.5 metros de perímetro normal.

Trátase da árbore máis antiga do bosque e estímase que ten uns 150 anos. A solicitude de inclusión no rexistro de árbores senlleiras débese á súa singularidade e características excepcionais.

Os medios de comunicación recollen a noticia nos seguintes enlaces:

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/xunta-tramita-maxima-proteccion-arbol-mas-antiguo-bosque-pazo-fefinans/20191226210227253973.html

https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2019/12/27/fresno-fefinans-aspira-catalogado-arbore/2223000.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/cambados/2019/12/26/span-langglproponen-incluir-freixo-cambados-catalogo-arbores-senlleirasspan/00031577365025240393768.htm